
FESTA INFANTIL DE SAMAÍN no Círculo das Artes! 
Prepárate para unha tarde chea de maxia, sustos e diversión para toda a familia! 
O venres 31 de outubro o Salón Rexio converterase nun auténtico escenario de terror… e risas!
De 17:30 a 20:00 h
Túnel do terror dende as 17:30 h
Cantabaila: “O circo dos horrores” de 18:00 a 19:30 h
Poción máxica ás 19:30 h
E como non.. Truco ou trato!
Unha festa teatralizada e musical pensada para que grandes e pequenos vivan un Samaín inolvidable.
Só para soci@s.