O Círculo das Artes celebra a súa tradicional Feira de Abril. A festa comezará cun picoteo a base de racións con produtos típicos da nosa gastronomía: tortilla española, croquetas caseiras, xamón e embutidos, empanada e salmorejo.

Un espectáculo de flamenco e sevillanas, con Sandra Calderón como vocalista, amenizará a velada. A recoñecida cantante e compositora, acompañada de varios artistas, incluídos músicos e bailaoras, trae ao Círculo un espectáculo flamenco de taboado conformado por cante, guitarra e baile, incluíndo versións de flamenco fusión, con algunhas das cancións máis recoñecidas dos seus traballos discográficos.

Será o sábado 27 de abril, a partir das 21.30 horas no Salón Rexio. Será necesario facer reserva de mesas a partir do luns 22 nas oficinas da Sociedade.