O Círculo organiza un “Encontro con lectores” e trae a Ledicia Costas como convidada.
Lugo. 9/Maio/2024
A escritora galega, Ledicia Costas estará no Círculo das Artes o vindeiro martes 14 de maio para compartir impresións cos lectores.
A autora, Premio Nacional de Literatura en 2015, falaranos das súa traxectoria literaria a través das obras: “Infamia” (2019), “Golpes de Luz”(2021) e “Un animal chamado néboa”(2015). Ademáis teremos o privilexio de que a autora nos presente a súa última novela, “Pel de Cordeiro”. que acaba de sair á luz este mes de maio. Os participantes poderán coñecer de primeira man os segredos da súa escrita e tamén da literatura en xeral.
Os “Encontros con lectores” están enmarcados dentro do programa de animación á lectura que realiza o Círculo a través dos seus clubes de lectura. Coa súa visita Ledicia Costas, únese á lista de escritores como Domingo Villar, Manuel Rivas, Suso de Toro e Marina Mayoral, entre outros, que participaron en edición anteriores.
O acto será o vindeiro martes, 14 de maio ás 18.00 horas no Salón de Columnas do Círculo. Trátase dunha actividade gratuita, pero para poder asistir é preciso ser socio do Círculo e inscribirse previamente.