O Círculo organiza un curso de cata de cervexas. Se queres ser capaz de identificar cada un dos matices dunha cervexa, desde as súas principais notas aromáticas aos diferentes sabores e texturas, leste é o teu curso. Estará impartido pola catadora Mercedes González.

Analizaremos o proceso de elaboración da cervexa, os ingredientes, materias primas, malteado, fermentacións, cervexas industriais, artesás e por suposto, o protocolo de cata a través da análise sensorial de diferentes estilos de cervexa.

O curso desenvolverase en dúas sesións, os mércores 20 e 27 de novembro, de 20:00 a 22:00 horas. O curso completo ten un custo de 35 euros, e é necesario inscribirse nas oficinas da sociedade ou ben a través do correo electrónico circulodelasartes@yahoo.es antes do luns 18.