- Agradecemos o apoio económico da Xunta para poñer en valor o edificio BIC do Círculo das Artes.
- Valoramos moi positivamente a autorización que vén de outorgar o Consello da Xunta para asinar un convenio de colaboración entre a Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude e a Sociedade Circulo de las Artes, pola suma de 200.000 euros, para facer obras de mellora na cuberta, fachada e interiores deste inmoble catalogado como Ben de Interese Cultural.
- Con este acordo, ao proporcionar una inxección económica á sociedade para mellorar o edificio, se facilitará abrir as instalacións, sen custo, aos artistas e entidades do mundo da cultura lucense, sempre en función da disponibilidade do espazo da entidade e da compatibilidade coa programación propia do círculo das Artes.
- A Xunta de Galicia foi a institución pública que máis colaborou e apoiou decididamente a esta sociedade recreativa que “ten unha importante actividade cultural” que se desenvolve nun edificio emblemático.