O Círculo das Artes acolle a conferencia “Os versos satánicos de Salman Rushdie: genealogía dunha maldición”

Lugo. 2/Marzo/2023

O Círculo acolle unha conferencia sobre Salman Rushdie, impartida por Max Jean Zins. A conferencia pretende achegarnos á figura do escritor británico-estadounidense de orixe india, Salman Rushdie, cuxas dúas novelas máis famosas son Fillos da medianoite e Os versos satánicos. Este escritor foi recentemente vítima dun atentado nos EEUU por mor dunha fetua por escribir “Os versos satánicos”, sendo este o tema central da conferencia.

Será o martes 7 de marzo, ás 20.00 no Salón de Columnas.

Entrada libre até completar aforamento.