O Círculo das Artes acolle un concerto de Noemí Mazoy a beneficio de ASPNAIS.

Lugo. 16/Xuño/2022

O Círculo das Artes acolle un concerto solidario de Noemi Mazoy. A popular cantante lucense, ofrece o primeiro concerto na nosa cidade tras a pandemia, e farao acompañada de Cristina Nogueira ao chelo e do acordeonista Valery Zviarzchevich. As entradas, por un donativo de 5,00 euros, xa se poden retirar nas oficinas do Círculo, o Café do Centro e a sede de ASPNAIS, asociación á que se destinarán integramente os fondos recadados.

A cita será o vindeiro luns, 20 de xuño ás 20.30 horas no Salón Rexio.