O Círculo das Artes prepara unha nova edición dos seus talleres de cociña para niñ@s. Os participantes descubrirán receitas de cociña e repostaría creativa sen perder de vista os hábitos alimentarios saudables.
Será o 29 e o 30 de novembro. Haberá varios grupos: o venres ás 16.30, ás 18.00 e ás 19.30 h.; e o sábado ás 10, 11.30 e 13.00 horas. Hai prazas limitadas e é necesario inscribirse nas oficinas da Sociedade ou ben a través do correo electrónico circulodelasartes@yahoo.es.