O Círculo das Artes acolle unha charla-coloquio sobre “Pepa a Loba”, a cargo de Vicente Piñeiro, autor lucense, cunha ampla traxectoria literaria, que inclúe teatro, narrativa, poesía e diversos guións cinematográficos.

Chárlaa-coloquio versará sobre a figura de Pepa a Loba, bandoleira galega por antonomasia, un personaxe situado entre a realidade e o mito, que o propio autor recolle na súa novela “Pepa a Loba, de pastora de ovellas a bandoleira”, publicada pola Deputación Provincial de Lugo, e na súa obra teatral “Pepa a Loba, contra a violencia de xénero”, editado por Touxosoutos.

O acto concluirá coa proxección dunha escena da obra de teatro “Home morto non fala nin…”, que foi representada en teatros galegos e latinoamericanos.

Será este mércores 22 de maio, ás 20.00 horas no Salón de Columnas do Círculo das Artes. Entrada libre até completar aforamento.