O Círculo das Artes acolle unha nova cata de viño, neste caso dedicada a variedades con calidades aromáticas destacables e que contribúen a interpretar tipos de uva sobresalientes. Os asistentes poderán gozar de aromas e sabores moi sedutores. Estará impartida pola catadora Mercedes González.

A cata será o mércores 5 de xuño ás 20.30 horas. Ten un custo de 15 euros e é necesario inscribirse previamente nas Oficinas do Círculo ou a través do correo electrónico circulodelasartes@yahoo.es antes do venres 31 de maio.