O vindeiro 4 de xuño, ás 20:30 horas, o Salón Rexio do Círculo das Artes acollerá unha orixinal cata de cervexas baixo o título “A cervexa na arte e na cultura”, organizada en colaboración con Cervezas 1906 e o equipo de Cultura de Cerveza de Hijos de Rivera.

A actividade combinará degustación e divulgación cultural nunha experiencia na que os asistentes poderán probar cinco cervexas mentres descobren a relación histórica desta bebida coa arte, a sociedade e a cultura europea.

A través de obras pictóricas dos séculos XVIII, XIX e XX, a sesión abordará cuestións como que se bebía no París bohemio, a conexión entre a cervexa e os mosteiros ou a orixe da palabra pub. Artistas como Picasso, Van Gogh, Manet, Von Grützner ou Henry Singleton servirán como fío condutor desta proposta.

A actividade terá un prezo de 5 euros.