O Salón de Columnas do Círculo das Artes acollerá o vindeiro 5 de xuño unha proposta artística moi especial: “Cantando a Lorca”, un recital de Alma Selene que une música, poesía e emoción arredor da figura de Federico García Lorca.

Coincidindo co aniversario do nacemento do poeta granadino, o espectáculo propón un percorrido sensible polo seu universo creativo, reivindicando a vixencia dunha das voces máis influentes da literatura en lingua española.

A cita terá lugar ás 18:30 horas, con entrada libre ata completar a capacidade da sala.