O Círculo das Artes oferta campamentos de verán con maior flexibilidade horaria.
Lugo. 31/Maio/2024
O 24 de xuño arrinca unha nova edición dos campamentos de verán do Círculo das Artes, que se prolongarán até o 2 de agosto e do 2 ao 10 de setembro.
Os participantes poderán gozar de variadas e divertidas actividades: procuras do tesouro, pintura e arte, talleres científicos, festas temáticas, xogos de auga, scape room, chikichef e moito máis..
Poden inscribirse nen@s de entre 4 e 12 anos. Terán lugar en horario de 10.00 a 14.00 horas de luns a venres, con posibilidade de ampliar o horario desde as 8.30 horas e até as 15.00 horas. A inscrición será semanal, ten un custo de 50 euros, e inclúe merenda. O servizo de ampliación horaria suporá unha recarga de 10 euros.
A inscrición xa está aberta. Poderá formalizarse nas Oficinas do Círculo, ou a través do correo electrónico circulodelasartes@yahoo.es. Prazas limitadas!