O Círculo das Artes oferta campamentos de verán con maior flexibilidade horaria. Lugo. 30/Maio/2025 O 23 de xuño arrinca unha nova edición dos campamentos de verán do Círculo das Artes, que se prolongarán até o 1 de agosto, e do 1 ao 5 de setembro. Os participantes poderán gozar de actividades multideportivas, creativas e lúdicas adaptadas a todas as idades: procuras do tesouro, talleres artísticos, experimentos científicos, festas, xogos da auga, scape room, chikichef, e moito máis? Poden inscribirse niñ@s de entre 3 e 13 anos. O horario do campamento é de 10.00 a 14.00 horas, con plan madruga desde as 8.00 h. e posibilidade de saída até as 15.00 h. A inscrición será semanal, ten un custo de 50 euros e inclúe merenda. O servizo de ampliación horaria suporá unha recarga de 10 euros. A inscrición xa está aberta. Pode formalizarse nas Oficinas do Círculo, ou a través do correo electrónico circulodelasartes@yahoo.es. Hai prazas limitadas!