Haberá grupos reducidos, horarios flexibles e medidas de seguridade.

O 28 de decembro arrinca una nova edición dos campamentos do Nadal do Círculo das Artes, que se prolongarán até o 7 de xaneiro e nos que poden inscribirse nenos de entre 4 e 12 anos.

Os nenos gozarán de actividades, deseñadas especificamente para cada grupo de idade e impartidas por monitores especializados. Haberá talleres creativos, de reciclaxe, decoración do Nadal, manualidades e globoflexia, ademais de actividades dinámicas, yincanas e xogos populares.

Prazos, horarios e prezos

A inscrición xa está aberta e poderá formalizarse nas oficinas do Círculo, telefónica ou telemáticamente a través do sitio web www.circulodelasartes.org. Os campamentos serán os días 28, 29 e 30 de decembro e 4, 5 e 7 de xaneiro, de 10.00 a 14.00 horas. Os madrugadores poderán entrar ás 9 horas.

O prezo será de 30 euros por semana e 50 euros por quincena.

Medidas de seguridade

Os nenos terán á súa disposición xel @desinfectante e máscaras e estarán acompañados permanentemente por un monitor. As salas de xogo e actividades se higienizarán periodicamente e evitarase a coincidencia de distintos grupos entre si. Haberá distintos puntos de entrada e saída, para garantir a seguridade dos participantes.

Desde o primeiro momento da desescalada, o Círculo das Artes fixo un gran esforzo por conxugar o cumprimento das normas sanitarias e o uso das instalacións por parte dos seus socios. A organización dos campamentos de nadal, corresponde ao compromiso da xunta directiva do Círculo cos nosos socios, aos que queremos axudar a conciliar vida laboral e familiar, e aos que apoiamos no seu reincorporación ao traballo e ao lecer.