O Círculo das Artes repartirá 4.000 en premios estes Entroidos.
Lugo. 30/Xaneiro/2023
O Círculo das Artes abre os Entroidos cun baile de disfraces o sábado 18 de febreiro. Repartiranse 4.000 euros en premios. En comparsas os dous primeiros grupos clasificados obterán 1.200 e 700 euros; en parellas os premios serán de 500 e 300 euros; mentres que os dous mellores disfraces en categoría individual levarán 300 e 200 euros.
O concurso celebrado no Salón Rexio está aberto tamén ao público xuvenil, cun premio por categoría de comparsas, parellas e individual, que recibirán 400, 250 e 150 euros respectivamente.
O xurado estará formado por dous membros da Xunta Directiva que actuarán como Presidente e Secretario do Xurado, e sete socios titulares de mesa no citado baile ou calquera dos seus acompañantes na mesma, que serán elixidos o momento de solicitar a reserva de mesa e de acordo co sorteo previo que realizará a Xunta Directiva polos números dos tickets de reserva.
Será o sábado 18 de febreiro a partir das 12 da noite no Salón Rexio. Para participar no Concurso será necesario inscribirse na Secretaría antes das dúas da madrugada. A velada estará amenizada pola orquestra Solara e a reserva de mesas poderá efectuarse a partir do luns 13 ás 17 horas.
A Xunta Directiva do Círculo anima a todos os socios a participar.