O recital, no que estará acompañada ao piano por David Taboada, será ás 23.30 no salón de columnas

De xeito paralelo, inaugurarase unha a exposición fotográfica ‘Parellas no Círculo’ con máis de cen imáxes

Lugo. 13/febreiro/2020

O Círculo das Artes de Lugo festexará o día dos namorados o próximo venres 14 cun recital a cargo da soprano Alama Selene, quen estará acompañada ao piano polo músico David Taboada. A partir das 23.30 horas, no salón de columnas, comezara un concerto moi especial, que baixo o título de ‘Passione’ percorrerá algunas das máis fermosas cancións de amor de varios xéneros musicais. Boleros, tangos, bossa-nova, jazz, blues, baladas e canción melódica conforman un extenso programa, con temas célebres da canción romántica, como ‘Sabor a mí’, ‘Te digo amor’, ‘Soñar contigo’, ‘Volver’, ‘Eu sei que voute amar’, ou ‘Vida loca’, entre un amplio repertorio.