O Círculo das Artes reabre o seu espazo lúdico e formativo, para ofrecer un respiro familiar e permitir compatibilizar as actividades de pais e nenos.
Lugo. 12/Setembro/2023
A ocioteca do Círculo das Artes abre as súas portas o vindeiro luns 18 de setembro para dar aos papás e mamás un respiro e favorecer a conciliación familiar.
A ocioteca é unha estancia concibida para o xogo didáctico, autónomo e grupal, un espazo que favorece a autonomía persoal, a integración social entre os menores, a autoestima e a responsabilidade. Os nenos contan coa supervisión de monitores que coordinan o desenvolvemento das distintas actividades, velando polo seu bo funcionamento e o confort dos máis pequenos.
Abre as súas portas o vindeiro luns 18 de setembro en horario de luns a venres de 17.00 a 20.00 horas.
Espazos diferenciados
A ocioteca está concibida como un proxecto pedagóxico, no que se combinan xogos de estimulación sensorial, cognitiva e psicomotricidade. Conta cunha zona de construcións con variados materiais e niveis de dificultade acordes ás diferentes idades. Outra zona de psicomotricidade, totalmente acolchada, que dispón de grandes elementos de foam, espellos nas paredes que xogan con efectos ópticos, e enormes cubos de madeira para estimular a motricidad dos máis pequenos. Ademais de dinamismo e xogos haberá espazo para a relaxación e zona de lectura. Na zona de xogo simbólico, os nenos e nenas poderán xogar a ser cociñeiros, tendervos e mecánicos nas instalacións montadas a tal fin.
Actividades
Como complemento aos xogos, ao longo do curso prográmanse diferentes cursos temáticos, con material educativo para aprender divertíndose: ciencia, cociña, reciclaxe, arte e cestaría son algunhas das propostas para este curso. Podes consultar toda a información na seguinte ligazón: