O Gran Mestre da Gran Logia Española, Óscar de Alfonso, pronunciou esta tarde unha conferencia no salón Rexio, baixo o título de “A Masonería na España de hoxe”. O relator foi presentado polo presidente do Círculo, Miguel Caraduje Somoza, quen destacou que non se celebraba un acto masónico no Círculo desde hai 80 anos.
Caraduje Somoza reivindicou ademais os principios masónicos, xa universais, de liberdade, igualdade e fraternidade, que dixo sustentaron as democracias.
Óscar de Alfonso agradeceu ao Círculo, un edificio do que dixo quedara marabillado e que cualificou de fantástico.
Explicou o que é unha logia masónica, que cualificou como “un faro que dá luz a algúns dos valores que deben reinar entre os seres humanos”.
Tamén falou da antigüidade da masonería, dos seus símbolos, e dos valores que a rexen como, por exemplo, o libre pensamento.