Cargando Eventos

De Abrentes e ocasos

Dramatúrxia e dirección: Xúlio Lago

Textos de Uxío Novoneyra, María Victoria Moreno, Marta Dacosta, O. Khayyam/Plácido Castro, Ricardo Carballo Calero, Eduard Velasco, Fiz Vergara Vilariño, Olalla Cociña, Emma Pedreira, Salvador García Bodaño, Manolo Rivas, Pilar Pallarés, Luisa Villalta, Sophia de Melo, Inma L. Silva, Eduardo Blanco Amor, Xúlio L. Valcárcel, Antía Otero, Miguel Anxo Fernán Vello, Xosé Luís Méndez Ferrín, Eva Veiga, Antón Avilés de Taramancos, Xosé M!. Álvarez Cáccamo, e Álvaro Cunqueiro.

Intérpretes: María Barcala, Aleixandre Lago e Xúlio Lago

Música en directo: Nani García

O Salón Rexio do Círculo das Artes acollerá esta semana un recital poético-musical dentro do programa Proxectos Culturais Xacobeo 2021, co patrocinio da Xunta de Galicia.

A compañía Teatro do Atlántico, presentará no Círculo De abrentes e ocasos, un recital de poesía galega contemporánea, da man de María Barcala, Aleixandre Lago e Xúlio Lago como intérpretes, acompañados por Nani García ao piano. Será o vindeiro venres, 27 de novembro, ás 20.30 horas.

A entrada será libre, ata completar aforo.

Información COVID-19: É obrigatorio o uso de máscara no Círculo das Artes. Será obrigatoria a inscrición do usuario/visitante nun rexistro no que se incluirá o nome, dni e teléfono móbil. Prégase aos interesados acodan coa suficiente antelación para cumplir este trámite. A finalidade é manter una actitude responsable coa sociedade e facilitar o traballo de todos os que velan pola nosa saúde e seguridade. A xunta directiva do Círculo agradece a comprensión e a colaboración polo ben de todos.

Share This Story, Choose Your Platform!