O Círculo das Artes acolle unha nova edición do Torneo Social de Mus. As tres parellas clasificadas recibirán diferentes trofeos e premios, destacando a clasificación de parella gañadora para o Campeonato Galego de Mus, que se celebrará o vindeiro mes de outubro en Ourense.

O torneo xogarase polo sistema de xogo: 2 ceros, coa novidade de que será válida a 31 real. Para participar é imprescindible inscribirse na secretaría do Círculo. A inscripción ten un custo de 5 euros e está aberta ata o xoves 20 de xuño.

A cita terá lugar o vindeiro sábado 22 de xuño na Sala de Tresillos do Círculo, a partir das 16.00 horas.