O Círculo das Artes acolle a presentación do libro “Arrebol”, de Flor Sánchez Fernández, catedrática de Lingua e Literatura Castelá. Trátase dun poemario que plasma emocións, sentimentos e angustias, no que a autora se descobre a si mesma. Recolle poemas adicados aos alumnos, aos recordos da infancia e xuventude, co pobo leonés de Palacios de Sil como escenario, e á temática social.

No acto de presentación intervirán Manuel Celso Matalobos, catedrático de lingua galega e Margarita Rodríguez Yánez, autora das ilustracións. O recital de poemas, da man de antigos alumnos, e a música ao piano a cargo de Beni Argüelles, completarán a xornada.

Será este venres, 8 de marzo, ás 19.30 horas no Salón de Columnas.

Entrada libre ata completar aforo.