Lugo. 6/Maio/2022

O catedrático en Lingua e Literatura Galegas, Manuel Celso Matalobos, será o encargado de presentar a charla-coloquio sobre a poesía de Florencio Delgado Gurriarán, o homenaxeado este ano no día das letras galegas. Falará da súa traxectoria persoal e profesional, intercalando lecturas e versións musicais dos seus poemas, nun coloquio interactivo co público asistente.

A cita será o vindeiro xoves 12 de maio ás 18.00 horas no Salón de Columnas.