O Círculo das Artes celebra as Letras Galegas cun recital poético e unha exposición sobre Luísa Villalta.
Lugo. 13/Maio/2024
O Círculo das Artes celebra o día das Letras Galegas cun recital poético e unha exposición sobre a escritora, filóloga e violinista Luísa Villalta (1957-2004).
Marica Campo, Adela Figueroa, Manuel C. Matalobos e Toño Núñez, colaboradores habituais da revista de creación poética lucense “Xistral”, que este ano recorda a publicación do conmemorativo número 25, recitarán unha escolma de poemas de Luísa Villalta, no transcurso dun acto no que se inaugurará unha exposición sobre a autora coruñesa.
Será o xoves 16 de maio ás 18.00 horas no Salón de Columnas do Círculo. Entrada libre ata completar aforo.