Máis dunha treintena de xogadores congregáronse este fin de semana no Círculo das Artes para disputar o Torneo Social de Mus.

Proclamáronse campións José María Alonso, Carmen Cordeiro e José Blanco, acadando clasificacións para o Campeonato Galego de Mus (Narón, 2022), para o Torneo de Campións de Lugo e Premáster. Os segundos clasificados foron a parella formada por Elías Vázquez Tizón e Mari Luz López, que conseguiron unha praza Premáster. O terceiro posto foi para Atxa e Anxo Penalonga.

Campións: José M. Alonso, «Chema», Carmen Cordeiro e José Blanco.

Subcampións: M. Luz López e Elías.

3° Anxo Penalonga e Atxa.