O catedrático en lingua e literatura galegas, Manuel Celso Matalobos, falou no Círculo sobre a traxectoria persoal e profesional de Florencio Delgado Gurriarán, o homenaxeado este ano no día das Letras Galegas, intercalando lecturas e versións musicais dos seus poemas.

Gurriarán, naceu en Córgomo e traballou boa parte da súa vida como abogado no Barco de Valdeorras. O compromiso coa lingua e coa súa terra levouno a vincularse primeiro ás Irmandades da Fala, e máis tarde ao Partido Galeguista. Coa Guerra Civil tivo que exiliarse en México, onde traballou de vendedor de xamóns, de seguros e de zapatos.

A súa poesía xirará arredor de 3 eixes temáticos e estilísticos. A poesía lírica de Valdeorras, compilada no libro Bebedeira (1934), é un poemario sensual e paisaxístico que se adoita relacionar coa escola de humanización da natureza. Un segundo eixo sería a poesía de loita e defensa do idioma, unha poesía de corte social e reivindicativo. E por último un terceiro tipo de poemas, que aparecen recollidos na obra Galicia infinda, obra publicada en 1963 onde o autor mostra o seu interese pola realidade mexicana na que viviu máis de media vida.