Jorge e Pepe Coira inauguran o Ciclo de Cine do Círculo das Artes cun coloquio o 20 de decembro e a proxeción do film “18 comidas” o día 27
Lugo. 13/Decembro/2024
O Círculo estrea este mes de decembro Circulofilm, un ciclo de cine que nos permitirá disfrutar, unha vez ao mes, de interesantes películas e convidados.
A inauguración do ciclo de cine correrá a cargo dos cineastas Jorge e Pepe Coira. Os dous irmáns de Rábade, guionista e director, posúen unha carreira sólida e brillante, un crea e o outro plasma, un mira en cada detalle da vida un argumento e o outro debuxa na súa cabeza as escenas. Jorge Coira iniciouse no cine xunto co seu amigo Luis Tosar, con varias curtametraxes, e facía alarde da súa creatividade a principios da década dois oitenta como director novel, coa transgresora O ano da garrapata, á que seguiron ¿Qúe culpa tiene el tomate? e 18 comidas. Foi en 2016, cuando acadou un Goya con El Desconocido. E entón, chegou Hierro, ao lado do seu irmán Pepe Coira, critico de cine e guionista. A conxunción dos Coira fixolles acadar con Rapa un éxito de tal calibre que son moitos os galardóns recibidios.
A mesa redonda cos irmáns Coira terá lugar o vindeiro venres 20 de decembro ás 20.00 horas. O filme 18 comidas proxectarase o 27 de decembro ás 20 h. Trátase dunha actividade gratuita, pero é preciso inscribirse previamente nas oficinas do Círculo ou ben a través do correo electrónico circulodelasartes@yahoo.es.