O Círculo das Artes pon fin aos Sábados de Baile coa actuación da Banda de Música Sons e Soños o próximo sábado 21 de xuño no Salón Rexio.

Lugo. 16/Xuño/2025

A Banda de Música Sons e Soños, que forma parte do proxecto de Músico Crisanto, será aagrupación encargada de poñer o ritmo na derradeira velada dos Sábados de Baile do Círculo.

O conxunto, en formato orquesta, ofrecerá un repertorio moi variado de tódolos tempos dende un tango popularizado por Carlos Gardel ata un Funky de Stevie Wonder, con especial énfase nos ritmos bailables perennes ao longo das décadas como o Pasodobre, Corrido, Mambo, Guaracha, Vals, Bolero, Samba, Bossa Nova, Twist, Polca, Marcha Estudiantil (Tuna) entre outros.

A cita terá lugar este sábado 21 de xuño ás 23.30 no Salón Rexio.