Despois de triunfar nas festas de San Froilán, o grupo lucense actuará o venres no salón de columnas

Lugo. 24/outubro/2018

Os venres de Círculo regresan neste mes de outubro ao salón de columnas e fano ao grande coa actuación do grupo lucense “A Penúltima”, de tributo ao cantoautor Joaquín Sabina. Despois do éxito acadado na apertura das festas de San Froilán, nas que abarrotaron a Praza de Santa María, esta banda de blues e rock ofrecerá un concerto, en formato acústico, no salón de columnas, este venres, a partir das 23.30 horas.

Este grupo lucense, integrado por Carlos (percusión e voz); Javi (guitarra e coros); Domin (baixo); José-Antonio “Tapi” (batería); e Manuel (teclados), despregará todo o repertorio dos temas máis coñecidos de Sabina, sen esquecer outros rexistros do rock máis contundente, xa que entre os grupos que destacan como as súas principais influencias figuran M-Clan, Fito e os Fitipaldis e Reincidentes.