Lugo. 29/novembro/2018

O Círculo das Artes de Lugo pechará este mes de novembro co mellor humor, da man de dous recoñecidos monologuistas galegos, Tito Rober e Xan Veiga. Ambos propoñen unha noite de risas, anécdotas e historias aderezadas de retranca galega e diversión. Tito Rober, monologuista e bombeiro de profesión, gañou varios concursos de monólogos co seu show “Vida e milagres do zume de laranxa”, no que nos convida a coñecer de preto a influencia que tivo o zume de laranxa en todas as etapas transcendentales da súa vida.

A noite de humor dos Venres de Círculo a completa o monologuista Xan Veiga, un humorista coñecido pola súa etapa na Televisión de Galicia, que xa actúo noutras ocasións neste ciclo do Círculo das Artes. Este artista da risa distínguese pola súa gran variedade de rexistros e pola súa facilidade para imitar voces e sons. Este cómico da Coruña actuará xunto a Tito Rober para pechar o mes de novembro cos Venres de Círculo do humor. Será no salón de Columnas, a partir das 23.30 horas.