As preto de sesenta persoas que integran o club de lectura manterán mañá un encontro co autor 

Lugo. 29/mayo/2018

As preto de sesenta persoas que integran os dous grupos do Club de Lectura do Círculo das Artes vivirán mañá unha xornada do máis especial, xunto ao escritor vigués Pedro Feijjo, o que supón un peche de luxo para o curso deste club. O salón de Columnas acollerá, a partir das 18.00 horas, un encontro entre o autor galego e os seus lectores, que poderán preguntar e profundar en cuestións relativas a algunhas das súas obras, que todos eles leron ao longo do ano. Así, os asistentes a este club de lectura acercáronse á obra do escritor vigués coa lectura de “os fillos do mar”, a súa primeira novela coa que foi finalista do Premio Xerais en 2011 e obtivo tamén o premio Frei Martín Sarmiento en 2014. Outras obras que ocuparon parte do tempo do club de lectura foron “A memoria da Choiva”, novela negra coa que gañou en 2015 o premio Arzobispo Juan de San Clemente, ademais do libro “Morena, peligrosa y románica”, e a segunda parte de “Fillos do Mar”, titulada “Fillos do lume”, coa que Feijoo achégase ao thriller histórico.