Lugo. 02/outubro/2019

A celebración do Día da Policía e a festividade dos Ánxeles Custodios tivo este ano o Salón Regio do Círculo das Artes como escenario, nun acto que congregou a máis de 200 persoas para festexar ao patrón deste corpo de seguridade e, como é habitual, facer entrega das medallas ao mérito policial. O acto estivo presidido polo comisario xefe provincial da Policía Nacional, José María Esteban e a subdelegada do Goberno, Isabel Rodríguez, acompañados polo subdelegado de Defensa, Fernando Brinquis; o coronel da Comandancia da Garda Civil, Miguel Ángel González; o Fiscal Xefe de Lugo, Roberto Brezmes; ademais dos representantes das institucións, como o Delegado da Xunta, José Manuel Balseiro; o presidente da Deputación, José Tomé e alcaldesa de Lugo, Lara Méndez.

Once policías de Lugo, Monforte e Viveiro; un garda civil; dous policías autonómicos e o fiscal xefe da Audiencia Provincial de Lugo foron distinguidos coa Medalla  ao mérito policial.