Trátase dunha mostra interactiva, con imaxes do edificio e das súas estancias, datadas entre 1898 e 1960

Lugo. 16/outubro/2017

O salón de Columnas do Círculo das Artes acollerá mañá martes, ás 20.00 horas, a inauguración da mostra “O Círculo de antano”, unha exposición composta por unhas 25 fotografías en branco e negro, procedentes do arquivo da sociedade, que mostran tanto o edificio do Círculo como algunhas das súas dependencias, no que pretende ser unha fiestra á arquitectura deste inmoble desde finais do século XIX a mediados do XX, así como aos cambios experimentados polas distintas estancias. O salón de Columnas acollerá esta exposición ata o 30 de outubro, nunha mostra que terá unha vertente interactiva, xa que se pide a colaboración e participación do público. Por iso, a directiva solicita aos lucense que se contan con fotografías do Círculo das Artes datadas entre 1898 e 1960, fáganas chegar á sociedade, co obxectivo de montar novas exposicións relacionadas coa historia desta institución.