Contará coa actuación do DJ Jako Rove que proporá unha sesión de urban music

Lugo. 24/maio/2018

O Círculo das Artes celebra este sábado a terceira edición da Festa de Gradación, unha cita que a pesar da súa mocidade é unha das máis exitosas do calendario festivo do Círculo, xa que nas pasadas edicións logrou reunir por centos de persoas. O poder de convocatoria non é casual, xa que se trata dun evento que naceu por mor da petición dos propios socios e socias xuvenís.  Desde as doce da noite e ata as 05.00 da madrugada, os asistentes ao salón de billares gozarán da mellor música coa actuación en directo de Jako Rove, un DJ e produtor que xa logrou un importante éxito na festa de Entroido.

Jako Rove propón unha sesión de música moi variaada, aínda que con predominio da electrónica e da denominada música urbana.

Co obxectivo de garantir a adecuada celebración deste evento, o Círculo disporá de persoal de seguridade nos accesos para controlar a entrada dos socios e socias, que deberán presentar o seu carné. Desde o Círculo especifícase, ademais, que estará terminantemente prohibida a venda de alcol a menores de 18 anos, do mesmo xeito que no resto de eventos deste tipo.