O acto enmarcase no convenio asinado entre o Círculo e o Colexio de Avogados para o desenvolvemento de accións formativas de caracter xurídico

LUGO. 09/05/2018

O Círculo das Artes de Lugo reanuda mañá o ciclo de xornadas xurídicas que leva a cabo grazas ao convenio de colaboración asinado co Colexio de Avogados de Lugo, para desenvolver accións informativas de caracter xurídico. A xornada abordará o tema da  “Garda e custodia compartida e novas realidades familiares”, a cargo do Maxistrado da Sala 1ª do Civil do Tribunal Supremo, José Antonio Seijas Quintana. A ponencia comenzará ás 19.00 horas no salón de columnas do Círculo, e está aberta a todo os colexiados e socios. Participarán na mesma o presidente da citada sociedade, e tamén avogado, Miguel Caraduje Somoza, e o decano do Colexio de Avogados e presidente do Consello da Avogacía Galega, Félix Mondelo Santos, quen ademais actuará de moderador.