Actuarán Carta de Ajuste, Fernando Losada, Rut León, Rachell Blanc, ademais do mago Nacho Samena e outros artistas invitados

Lugo. 26/setembro/2018

O Círculo das Artes de Lugo renova este venres o seu ciclo de lecer para os fins de semana e faino cun gran espectáculo no que haberá sitio para o pop, o rock, a maxia e outras moitas sorpresas. Polo salón de Columnas do Círculo pasarán entre outros artistas invitados, o grupo Carta de Ajuste, os solistas Rachell Blanc, Fernando Losada, e Rut León e o mago Nacho Samena.

O grupo lucense Carta de Ajuste ofrecerá as súas particulares versións do mellor pop e rock español da década dos 80 e os 90, e un repertorio cos temas máis soados que marcaron a música española. Outra das actuacións traerá ata o salón de Columnas o pop alternativo de Rachell Blanc, ex vocalista de Suitte Bengala, que despregará sobre o escenario a súa gran voz e talento. O tamén lucense Fernando Losada abordará coa súa poderosa voz desde cancións do pop máis moderno aos temas famosos que cantaron grandes da música como Sinatra ou Tom Jones. Á marxe das sorpresas para este primeiro venres de Círculo, tamén está prevista a actuación da cantante lucense Rut León, caracterizada por unha versátil voz, coa que renderá homenaxe ás grandes da canción cun pop máis melódico.

Ademais de música, este primeiro Venres de Círculo tamén deixará espazo para a maxia, que chegará da man do mago lucense, Nacho Samena, especializado na denominada maxia de salón.