A mostra inaugúrase hoxe ás 20.00 horas e poderase ver no salón Rexio ata o próximo día 27 de xuño

Lugo. 20/xuño/2017

O salón Rexio do Círculo das Artes acolleu hoxe a inauguración da exposición de pintura de fin de curso dos aproximadamente 70 alumnos que participan nas clases do Círculo, impartidas por Josefina Álvarez Pol. Trátase dunha mostra que recolle máis de 60 obras, a maioría óleos e tamén algúns debuxos. Segundo a profesora deste curso de pintura para adultos, Josefina Álvarez Pol, “hai obras con distintas temáticas e elaboradas con diferentes técnicas como acrílicos, pastel, acuarelas, ceras, lapis, tinta chinesa, carbón e carboncillo”. Segun apunta Álvarez Pol “nesta mostra tamén se percibe o bo ambiente das clases, nun ano especialmente bo, no que tivemos preto de 70 alumnos, con idades comprendidas entre os 15 anos e os 80 anos”.

A mostra estará aberta ao público en xeral ata o vindeiro día 27 de xuño. Os días laborables poderá verse de 19:00 a 21.30 horas, e os festivos de 12.00 a 14.00 horas, e de 19.00 a 21.00 horas.