Desde as 20.30 horas, o salón Regio acollerá demostracións de dous minutos de cada unha das disciplinas para finalizar a cita cun viño español 

Lugo. 28/maio/2018

O salón Regio do Círculo das Artes acollerá mañá a festa de final de curso das actividades deportivas do Círculo, tanto para adultos como para nenos, cunha demostración colectiva de cada unha das disciplinas por parte de monitores e alumnos. Trátase dunhas clases que cada ano van gañando tanto en participantes como en aceptación por parte dos socios, e ás que asisten máis de 350 pesronas. Desde as 20. 30 horas haberá exhibicións de dous minutos das clases de ioga, pilates, zumba, bailes latinos, tango e sevillanas, para pechar as demostracións coa actuación dos nenos e nenas que integran os grupos de hip hop e de just dance.

Ademais das demostracións e exhibicións, proxectarase un vídeo coas opinións dalgúns dos participantes nestas actividades deportivas, para finalizar a festa cun viño español ao que están convidados todos os socios e socias inscritos nas oito modalidades deportivas que se ofertan na sociedade.