Lugo. 24/maio/2018

O Círculo das Artes finaliza a programación de Venres de Círculo deste mes de maio cunha proposta nova e sorprendente, que chega da man do grupo La Mosca Valiente. Detrás das máscaras dos integrantes deste grupo atópanse varios artistas de Pontevedra, todos eles músicos cunha importante traxectoria, que ofrecerán un espectáculo ecléctico, marcado pola mestura dos máis variados estilos musicais. Un concerto sorprendente e novo, no que tamén terán cabida espectaculares versións de cancións de sempre e de temas clásicos do panorama musical español. O concerto se celebraará mañá venres, día 25, a partir das 23.30 horas no salón de columnas da sociedade.