Lugo. 16/novembro/2017

O Círculo das Artes de Lugo segue adiante coa programación musical nun mes de novembro marcado polo percorrido pola canción de autor, os clásicos de sempre, e as músicas procedentes de fóra das nosas fronteiras. Mañá día 17, regresan ao salón de columnas Iría Estévez e Gonzo Piña, aos que se suma Marco Mendoza á batería. O tres forman Iría Estévez Trío, para propor unha viaxe musical a través de cancións que nacen en Venezuela, Cuba, Méjico, Arxentina, Brasil, a Península Ibérica, Cabo Verde e Francia. O concerto comezará ás 23.00 horas e prolongarase ata pasadas únaa da madrugada.