A mostra, composta por unha vintena de imaxes en branco e negro, estará aberta ao público ata o vindeiro día 30

Lugo. 17/outubro/2017

O Círculo das Artes inaugurou hoxe a exposición “O Círculo de antano” composta por unha vintena de imaxes en branco en negro, datadas entre 1898 e 1960, e que se centra nos elementos arquitectónicos e estructurais do edificio. A apertura desta mostra correu a cargo do presidente do Círculo, Miguel Ángel Caraduje Somoza; da gestora cultural da sociedade, Noelia Castro; e do directivo Manel Matalobos, quen chamou a atención sobre o traballo de investigación desta mostra para datar algunhas das fotografías, a maioría procedentes do propio arquivo da Sociedade. Unha exposición que ten unha vertente interactiva, xa que dende a directiva pídese aos lucenses que fagan chegar fotogrfías antiguas do Círculo co fin de ampliar e facer novas mostras sobre a historia desta institución. Nesta ocasión, explicou Matalobos, “intentamos reflectior os diferentes espazos e dependencias do edificio, pero esperamos ampliar esta mostra e facer outras novas, xa que a de hoxe é o inicio dun camiño que estamos principiando”.

Pola súa banda, a gerente cultural do Círculo, Noelia Castro, lembrou que esta aposta pola fotografía non queda aquí. “O vindeiro sábado daremos un salto no tempo e pasaremos da fotografía  en branco e negro desta mostra á fotografía do presente e tamén do futuro cun curso de fotografía en Instagram e fotografía con móvil”, mentres que o vindeiro mes de novembro, o Círculo acollerá un curso semanal desta disciplina, impartido polo artista Iago Eireos.