O escritor lucense Francisco Narla regresa unha vez máis ao salón ReGio do Círculo das Artes para presentar a que é a súa última novela “Laín, El Bastardo”, recentemente galardoada co I Premio Edhasa Narrativas Históricas, lanzado por esta editorial especializada en novela histórica no seu 40 aniversario. O acto terá lugar hoxe día 7 de marzo, a partir das 20.30 horas. Segundo explica o propio autor “Laín, El Bastardo” está baseada no camiño percorrido por Laín desde Europa ata máis aló de Palestina, onde vivirá mil aventuras narradas por Martín Codax, un dos trobadores máis famosos da época”.

Francisco Narla xa escolleu o Círculo das Artes para presentar varias das súas novelas, a última en xuño de 2016 con “Donde aúllan las Colinas”, entón xa consagrado como un dos escritores máis versátiles no xénero da novela histórica do noso país, tras os éxitos de “Assur” e “Rónin”