A inauguración terá lugar ás 20.00 horas coa asistencia dos preto de 70 alumnos e da súa profesora, a pintora Josefina Álvarez Pol 

Lugo. 12/xuño/2018

O salón Regio do Círculo das Artes acolle mañá un dos actos máis esperados de cuantos organízanse na sociedade, como é a inauguración da exposición de obras dos preto de 70 alumnos que asisten semanalmente aos cursos de pintura e debuxo para adultos. Desde mañá ao oito da tarde e ata o próximo día 20 de xuño, os que acudan ao Regio poderán ver 58 obras das máis variadas teméticas e técnicas, desde óleo, acrílicos, acurelas e pastel aos debuxos en lapis, carboncillo e grafiti, entre outras. Uns traballos nos que se poderá apreciar a evolución dos alumnos que asisten a estas clases, impartidas por Josefina Álvarez Pol. A pintora lucense sinala ao respecto que “hai alumnos de todas as idades, uns cunha traxectoria de moitos anos e outros que se incorporaron este curso a unha actividade con preto de 70 persoas”. O certo é que cada ano, o número de participantes aumenta, polo que as clases de pintura do Círculo seguen sendo unha das actividades máis demandadas e de maior éxito. Para Álvarez Pol este éxito radica en que “é un lugar de encontro para os amantes da pitura e o debuxo, onde os alumnos poden desenvolver as súas inquietudes artísticas. Ademais, hai un ambiente moi agradable e de liberdade. Creo que todo iso contribúe a elevar o estado de ánimo”, matiza. Todo iso formará parte da exposición que se inaugura mañá no Regio, un espazo que “para os alumnos das clases ten un significado especial”, explica Josefina Álvarez. “Para todos eles é un privilexio que as súas obras expóñanse neste salón”. A mostra estará aberta ata o próximo día 20 e poderase visitar todos os días laborables, de 19.00 a 21.30 horas e os festivos, no mesmo horario, ademais de pola mañá, de 12.00 a 14.00 horas.