Os gañadores da competición, na que tomaron parte 18 parellas, lograron prazas para o campionato galego e o premaster provincial

Lugo. 12/abril/2018

Un total de 18 parellas tomaron parte no V Torneo Social de Mus Círculo das Artes, cuxos premios se entregaron onte no Círculo. Os gañadores foron José Ángel Trigo, ‘Atxa’ e Xermán García, mentres que a parella formada por Nuria Vázquez e Rafael Fernández, logrou facerse co subcampeonato. Ambalas dúas parellas lograron con esta clasificación senllas prazas no Torneo Premaster Provincial 2018, así como no III Campionato Galego de Mus, que se celebrará en setembro deste ano. Pola súa banda, os terceiros clasificados, Olga Díaz e Manel Matalobos, lograron con este terceiro posto unha praza para disputar o Torneo Premaster Provincial. Integrantes da Xunta Directiva, encabezada polo Presidente do Círculo, Miguel Caraduje Somoza, foron os encargados de entregar os trofeos e premios aos gañadores deste torneo.