Poderanse ver as creacións de Montse Arias, Sara Lage, Tina Cortón, Manuela López e Epifanía Brand, ademais dos traballos de varios artesáns

Lugo. 28/novembro/2017

O salón Regio do Círculo das Artes acolle o vindeiro xoves, día 30 de novembro, a Gala da Moda, A Muller na Arte, un evento benéfico que organiza a Asociación de Creadores de Moda Lucenses, coa colaboración de Deputación e Concello de Lugo. O desfile terá lugar a partir das 21:00 horas, no Círculo das Artes de Lugo. Esta edición estará dedicada á figura da muller na arte, coincidindo co homenaxe que a Real Academia Galega rendeu á artista Maruja Mallo con motivo do Día das Artes Galegas. A gala é de carácter solidario pois todos os fondos recadados irán destinados á Escola Shantidi. O aforo será de 500 persoas e as entradas terán un prezo de 15 euros.
Participan neste evento artístico os deseñadores Montse Arias, Sara Lage, Tina Corton, Manuela López e Epifanía Brand, ademais de varios artesáns e 16 modelos.
Os puntos de venda das entradas e os horarios son os seguintes:

Montse Arias: na rúa San Froilán, nº44. O horario é de luns a sábados de 11:00 a 13:30 e de 16:30 a 20:00 horas.
Tina Cortón: Praza de Santo Domingo, galerías Villamor. O horario é de luns a venres de 9:30 a 13:30 e de 16:00 a 20:00 horas; sábados de 9:30 a 13:30 horas.
Manuela López: Galerías da Praza do Campo Castelo. O horario é de luns a venres de 10:00 a 13:30 e de 16:00 a 20:00 horas; sábados de 10:00 a 13:30 horas.