22 de marzo – Trío Wanderer

Programa:

Franz Schubert – Tríos para violín, violonchelo e piano Op. 99 e Op. 100

Trío Wanderer

Vincent Coq, piano – Rafaël Pidoux, violonchelo – Jean-Marc Philips-Varjabédian, violín

O Trío Wanderer elixiu o tema dos viaxeiros como emblema, de aí o seu nome que significa “Errante”.
Por unha parte, implica unha viaxe interior, o que os achega a Schubert e ao Romanticismo alemán, e por outra, é unha viaxe inspirada pola apertura e curiosidade que explora a música dende Haydn ás partituras contemporáneas.
Estes tres músicos franceses son ávidos errantes de mente aberta, que forman un dos máis destacados conxuntos de cámara da actualidade.
Os tres graduáronse no Conservatorio Superior de Música de París, posteriormente estudaron na Bloomington’s School e na Julliard School de Nova York. Tamén participaron en clases maxistrais con grandes mestres como Menahem Pressler do Trío Beaux Arts e o Cuarteto Amadeus. Gañaron o Concurso ARD de Múnic en 1988 e, en 1990, o Concurso de Música de Cámara Fischoff nos Estados Unidos de América.
O Trío Wanderer actuou nas máis importantes salas de concertos como: a Filharmónica de Berlín, o Teatro dos Campos Elíseos de París, o Wigmore
Hall de Londres, a Scala de Milán, o Palacio de Congresos de Washington, o Kioi Hall de Tokio, a Tonhalle de Zurich e o Concertgebouw de
Ámsterdan. Tamén actuaron en prestixiosos festivais, como os do Schleswig Holstein, de Rheingau, La Roque d’Anthéron, Granada, Osaka, e tres veces no Festival de Salzburgo.

Tras realizar dous CDs con Sony Classical, o trío Wanderer comezou unha colaboración con Harmonia Mundi en 1999. Dende entón editaron os tríos de Ravel, Haydn, Shostakovich, Copland, Saint-Saëns, Mendelssohn, Smetana, a integral dos Tríos de Schubert e Brahms e o Triplo concerto de Beethoven con James Conlon. En 2012 gravaron a integral dos tríos de Beethoven seguidos en 2013 polos tríos con piano de Tchaikovsky, Arensky e Fauré e en 2017 os tríos de Dvorák op. 90 e op. 65.
A súa discografía obtivo varios premios: Choc du Monde de la Musique, Diapason d’Or, Midem Classical Music Award, Critic’s Choice de
Grammophone, CD of the Month da BBC Music Magazine, Diapason d’Or do Ano… O New York Times declarou a súa interpretación dos tríos de
piano de Mendelssohn como a nova referencia.
Recentemente en 2016, a súa gravación do trío de Schubert op. 100 foi elixida como a mellor versiónentre outras 14 polo programa Building a Library -CD Review da BBC3.
En 2014, Jean-Marc Phillips-Varjabédian e Raphaël Pidoux aceptaron o posto de profesores de violín e violonchelo do Conservatorio Superior de París.
Vincent Coq é profesor de Música de Cámara da Escola Superior de Música de Lausanne dende 2010.
O trío gañou o prestixioso premio Victoire de la Musique ao Mellor Conxunto Instrumental do Ano en tres ocasións (1997, 2000 e 2009). En 2015 os membros do trío foron nomeados “Chevalier dans lórdre des Arts et Lettres”.

Jean-Marc Phillips-Varjabédian toca un Charles Coquet (París 2014) e un Gand Père (París 1840) cedido por Nicolas Dufourcq.
Raphaël Pidoux toca un violonchelo Gioffredo Cappa (Saluzzo 1680).