O ciclo sábado de baile acollerá a actuación de Raúl, El Gallo

Lugo. 10/05/2018

Os Venres de Círculo aposta mañá por unha nova proposta musical, que chegará da man de Carlos Bau e a súa particular homenaxe ao pop das décadas dos 80 e os 90. O recoñecido cantoautor galego despregará, sobre o escenario do salón de Columnas, a partir das 23.30 horas, o seu particular estilo carcaterizado polo pop melódico e intimista, realizando un percorrido polos temas máis recoñecidos e lembrados das citadas décadas do pop español.

Raúl, El Gallo

A actuación de Raúl El Gallo, dirixida aos amantes e afeccionados dos bailes de salón, é a outra proposta musical do Círculo para este fin de semana, dentro do programa dos Sábados de Baile. A actuación comezará ás 23.30 horas no salón de Columnas e prolongarase ata as 02.00 da madrugada. O concerto de Rául El Gallo inclúe os máis variados estilos musicais, desde salsa, pasodobres, rancheiras, merengues, bachatas, cumbias, rumbas, sevillanas, boleros e cha cha cha, por citar algúns.