A cea-baile de San Froilán celebrarase o sábado 30, no salón Regio

Lugo. 20/xaneiro/2017

A reserva de mesas para a pulpada que o Círculo das Artes organiza con motivo do San Froilán abrirase o vindeiro venres, día 22 de setembro, en horario de tarde. Desde ese día e ata o martes 26 de setembro, todos os socios e socias do Círculo así como amigos e familiares de socios empadroados fóra de Lugo, poderán facer a reserva de mesas correspondente para a cea baile do próximo sábado 30 de setembro, coa que o Círculo dará a súa particular benvida ao San Froilán deste ano.

A partir do dez da noite, os asistentes á tradicional pulpada do Círculo poderán degustar un menú servido polo restaurante Os Cachivaches, a base de empanada, polbo con cachelos, canas e tellas, todo iso acompañado por viño Mencía, café e licores galegos.  O menú terá un custo de 24 euros para soci@s e de 36 para os forasteiros, o que inclúe ademais a entrada ao Círculo das Artes.

O salón Regio será un ano máis o anfitrión para un dos eventos con máis participación de cuantos acolle a sociedade, no que ademais da cea, está prevista a actuación do Trío Rosel, encargado de animar o baile e a festa posterior. Antes da cea, os asistentes que o desexen terán a oportunidade de pasar polo photocall e inmortalizar a súa participación neste evento.