A ponencia, que terá lugar o vindeiro xoves ás 19.00 horas, correrá a cargo do maxistrado José Antonio Varela Agrelo

Lugo. 31/outubro/2017

O Colexio de Avogados de Lugo e o Círculo das Artes reanudan o vindeiro xoves, día 2, as súas

actividades enmarcadas no convenio asinado a primeiros de ano para o desenvolvemento de accións informativas de caracter xurídico, e fano coa celebración da xornada sobre “A protección dos consumidores ante os produtos bancarios”. O encargado de impartir esta ponencia será o maxistrado, Presidente da Audiencia Provincial de Lugo, José Antonio Varela Agrelo, quen comezará a súa intervención pasadas as 19.00 horas, xusto despois da inauguración desta nova xornada, a cargo do Presidente do Círculo das Artes e tamén membro da Xunta de Goberno do Colexio de Avogados de Lugo, Miguel A.Caraduje Somoza. Ademais, a xornada, que celebrarase no salón Rexio, terá como moderador ao Decano do Colexio de Avogados e Presidente do Consello da Avogacía Galega, Félix Mondelo Santos.

Con esta actividade ambos organismos avanzan na realización de actividades sociais e de interese xeral para os seus socios e colexiados, co obxectivo de comunicar e informar de cuestións xurídicas e de actualidade. Un acordo que se enmarca, ademais, nas actividades programadas polo Colexio de Avogados para conmemorar o seu 175 aniversario.