Os xogadores de LugoMuseiros e socios do Círculo das Artes vencieron neste Memorial Luciano Sánchez, celebrado no Regio coa participación de 106 parellas

Lugo. 11/maio/2019

Os lucenses Manel Celso Matalobos, Xaime da Pena Ceide e Fernando Alonso proclamáronse vencedores do VII Maratón de Mus Muralla de Lugo Memorial Luciano Sánchez, un torneo que reuniu no salón Regio a 106 parellas procedentes de toda Galicia, Asturias e León. Os segundos clasificados foron os vigueses Javier Garrido e Jesús Charle. O terceiro posto foi para Luis López Pérez e Begoña Lorenzo Vega, de Ourense. A parella integrada por Alberto Montenegro e Antonio Cortés, tamén de Ourense, quedou na cuarta posición da claficación xeral.

As dúas primeiras parellas clasificacas conseguiron como premio principal dúas plazas para o Master Internacional de Barcelona, que se xogará en novembro. Ademais, as tres primeiras tamén terán opción a xogar o Campionato Galego de Ourense, mentres que as parellas terceira e cuarta obtiveron tamén unha plaza no Premaster Provincial de Lugo. Ademais, os gañadores deste maratón fixeron pleno, ao lograr o premio á parella de Lugo mellor clasificada.

O memorial estivo organizado pola asociación Lugo Museiros, e contou coa colaboración do Círculo das Artes, Leitegal e Caixa Rural, quen aportaron lotes de produtos de alimentación e viños para os premios que se outorgaron ás vinte primeiras parellas clasificadas.